martes, 4 de abril de 2017

Bocadillo de mexillóns escabechados en pan con mollo e leituga (#10)




Ingredientes:

>Pan (da mellor calidade posible) >Abundante leituga enrolada,   finamente picada e levemente temperada 

>Mexillóns escabechados ou cociñados de calquera outro modo >Sal 

>Aceite de oliva

Preparación:
>O interior do pan úntase  levemente co mollo dos mexillóns

 >Pícase a leituga (lavada e seca) e tempérase.
 >Esténdese unha boa capa de leituga sobre o pan.
 >Mentres, escórrense os mexillóns para que non teñan moito mollo do escabeche.
 >Xa escorridos, vanse pondo coidadosamente sobre a leituga.
 >Péchase o bocadillo.
 Este bocadillo tamén se pode facer con mexillóns escabechados na casa ou simplemente cocidos.

Propiedades dos  mexillóns

Os mexillóns son unha fonte de moitas vitaminas e minerais: vitaminas do complexo B, vitamina C, ácido fólico, ferro, fósforo, manganeso, selenio e cinc.

A carne de mexillóns frescos, como moitas variedades de peixes e mariscos, ofrece tanta proteína de alta calidade como a carne vermella, pero sen graxas saturadas.

Unha ración de aproximadamente 15 mexillóns equivale a proteínas que aporta un bisté de 170 gramos. Consumir alimentos ricos en proteínas de alta calidade, tales como mexillóns, ofrécenos beneficios de saúde.

 Enlace á receita:
https://www.dropbox.com/s/lwlw6ls75ykdhpp/Bocadillo%20de%20mexill%C3%B3ns%20escabechados%20en%20pan%20con%20mollo%20e%20leituga.pdf?dl=0&raw=1  

A continuación unhas pequenas mostras da participación na elaboración da anterior receita:





 








No hay comentarios:

Publicar un comentario

As enfermeras constatan rebaixa na inxesta de azucre no noso Colexio

Hai uns días fomos noticias. Creo que os Almorzos Sas están a gañar fama.